Site icon Crónica3.com A Mariña

Asegura o PP de Mondoñedo que “incrementou esta mañá en máis de 30 persoas a súa lista de afiliados”

A campaña de afiliación do PP , baixo o lema Contigo Lugo será máis Popular, chegou hoxe a Mondoñedo

O PP local incrementou esta mañá en máis de 30 persoas a súa lista de afiliados

 Os populares locais agradecen a boa acollida por parte dos veciños durante o reparto de dípticos que tivo lugar esta mañá na praza da Catedral da localidade

 Con este incremento no número de afiliados, o PP local reforza a súa estrutura de partido e ponse a disposición de todos os veciños

Mondoñedo, 12 de xullo de 2012.- O Grupo Municipal do Partido Popular de Mondoñedo viu acrecentado o seu índice de afiliados durante a campaña celebrada esta mañá na praza da Catedral de Mondoñedo. Ás filas da agrupación política da localidade sumaronse máis de trinta persoas que permitirán reforzar o proxecto político que o grupo local está a desenvolver na localidade e que lle permitiu nas pasadas eleccións xerais ser o partido elexido polo maioría dos mindonienses para asumir o goberno.

O acto celebrado esta mañá en Mondoñedo está enmarcado dentro da campaña Contigo Lugo será + popular, que os populares puxeron en marcha por toda a provincia co obxecto de sumar novos afiliados a un proxecto comprometido cos lucenses.

O Partido Popular de Mondoñedo agradece o arroupamento amosado está mañá por parte dos veciños a un grupo que non tivo opción de gobernar o Concello, pese a ser o elixido pola maioría dos mindonienses. Dado esto, o grupo popular local agradece a aptitude amosada polos mindonienses e ponse a súa disposición.

O incremento no número de afiliados permite que o Partido Popular de Mondoñedo reforce a súa estrutura de partido, que lle axudará dunha maneira máis eficaz a continuar materializando o proxecto que presentou nas pasadas eleccións municipais e que recibiu o apoio dunha alta porcentaxe dos mindonienses.

Durante o acto celebrado esta mañá en Mondoñedo estiveron presentes diferentes membros do Partido Popular. Ademais da portavoz local, Elena Candia, e doutros membros da corporación popular de Mondoñedo; ata a localidade acercaronse o secretario provincial do Partido Popular, José Manuel Balseiro; os deputados nacional e provincial, Jaime de Olano e Jesús Novo, así como o presidente provincial de NN.XX, Daniel Vega.

Para o Partido Popular, nos momentos de difícil situación económica, os políticos teñen como obrigación dar resposta, polo que os populares continúan abertos a todo o mundo e da forma que implica un maior compromiso: a través da participación activa na vida do partido

Exit mobile version