A base do CD Burela FS pechou esta fin de semana o traballo 2011-12 con brillo laranxa para o podio do Torneo Imdecum de Fútbol Sala Base 2012 ‘Memorial Rodrigo Maseda Lozano’, que acolleu na Mariña 8 clubs, 27 equipos e máis de 300 deportistas dende o venres pasado.
O acto de clausura contou coa presenza do vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Antonio Veiga Outeiro; o alcalde de Burela, José María González Barcia; e Cesarina Fanego e Rubén Blanco, representando a Pescados Rubén como membro do padroado da fundación organizadora, xunto a José Ramón Maseda, irmán do homenaxeado, e o presidente de Imdecum, Marcelino Luna.