Site icon Crónica3.com A Mariña

Comezaron os campamentos de verán nos que participan máis de 1.300 mozos e mozas

COMEZA HOXE A PRIMEIRA QUENDA DE CAMPAMENTOS DE VERÁN DE XUVENTUDE NA QUE PARTICIPAN MÁIS DE 1.300 MOZOS E MOZAS

 Traballo e Benestar investirá máis de 2,3 millóns de euros en toda a campaña de verán na que tomarán parte máis de 8.000 mozos e se prolongará ata setembro

 Este programa conlevará a contratación de preto de 900 monitores e directores de tempo libre

 Os campamentos de verán inclúen intercambio con outras comunidades, ao tempo que tamén se pon a disposición da mocidade oferta concertada de prazas nas instalacións xuvenís, actividades para maiores de 18 anos, campos de traballo e accións para mozos e mozas descendentes de galegos, residentes no exterior

 Este ano amplíanse os emprazamentos dos campos de traballo e actividades para maiores de 18 anos

 A participación nos campamentos e actividades para maiores de 18 anos ábrese como novidade aos mozos procedentes da emigración

Santiago, 1 de xullo de 2012.- Os campamentos de verán que cada ano organiza a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado para mozos e mozas comeza hoxe en diversos puntos de Galicia. Na primeira quenda, que se prolongará ata mediados de xullo, participarán un total de 1.330 mozos e mozas.

En total, en toda a campaña de verán tomarán parte máis de 8.000 mozos e mozas. Desta forma, a Consellería de Traballo e Benestar ofertará entre os meses de xuño e setembro máis de 8.000 prazas para mozos e mozas de ata 35 anos, habendo actividades específicas para menores e maiores de 18 anos. O investimento da Xunta nesta programación, que se prolonga ata o mes de setembro, ascenderá a máis de 2,3 millóns de euros. A posta en marcha deste programa conlevará a contratación de preto de 900 monitores e directores de tempo libre.

En concreto, ofértanse campamentos de verán, que inclúe intercambio con outras comunidades autónomas; oferta concertada de prazas nas instalacións xuvenís do departamento autonómico; actividades para maiores de 18 anos; campos de traballo; e accións para mozos e mozas descendentes de galegos, residentes no exterior.

Esta iniciativa inclúe varias novidades, como a unión por primeira vez dos participantes procedentes da emigración cos rapaces galegos nos campamentos e actividades para maiores de 18 anos. O obxectivo é fomentar a convivencia intercultural e a aprendizaxe mutua. Ata o de agora só tomaban parte en actividades específicas para eles. Ademais, inclúense novos emprazamentos dos campos de traballo e actividades para maiores de 18 anos.

Exit mobile version