Site icon Crónica3.com A Mariña

Discriminación en Lourenzá

Nestes días que tanto se fala nos xornais da campaña da Deputación de Lugo, de amaño das súas estradas, non podo pasar sen lembrarme do moito tempo que leva sen arranxar un gran badén na estrada que vai a Canedo, na parroquia de san Xorxe, en Lourenzá. Tocáralle desta vez o amaño?
O problema non se soluciona poñendo sinais, e deixando pasar os meses. Na competencia do concello hai outra estrada, na mesma parroquia, que está discriminada, a pista que vai a Paraños e Adellao. Está desfeita, chea de fochancas e pedras soltas, sen limpar as beiras. Noutros barrios da parroquia asfaltaron e adecentaron as pistas e nesta non , porqué?.

Lourenzo

Exit mobile version