O VI Campus Mixto Internacional Burela FS deixou na súa segunda xeira unha estampa de diversión e aprendizaxe, coa foto de familia realizada no contorno do IES Monte Castelo.
O alumnado do clínic laranxa estivo arroupado polo adestrador burelista Julio Delgado e os xogadores Juanma e Haydee, ademais do directivo Marcelino Luna e doutros representantes do club e monitores. Despois dos xogos na praia e adestramentos matutinos, os nenos tamén tiveron a oportunidade de indagar na traxectoria e experiencias do profesorado nunha charla-coloquio.
Entre as novidades para mañá, o campus recibirá a visita do preparador físico da Selección Española de Fútbol Sala, Antonio Bores, e do burelao Iago Míguez. Os adestramentos e a frenética actividade na piscina de San Cibrao dará paso ao Torneo Campus 2012, en Vista Alegre, a partir das 16.30 horas. O acto de clausura e entrega de diplomas terá lugar ás 19.00 horas.