Leo nos xornais a boa nova dos amaños que a Deputación de Lugo pensa facer
nas súas estradas da provincia. Onte pasei pola que vai de Canedo a San
Xorxe, e puiden comprobar que unha fochanca ben grande segue sen amañar, seguen
os sinais e os límites de velocidade, pero a gran depresión no asfalto
aínda non desapareceu.
Un pregunta como hai cartos para excursións e céspedes artificiais de
campos de fútbol, e non hai para arranxar estas estradas, que poden supoñer
un grave perigo para os usuarios destas vías.
Xa sei que me dan dicir que leva o seu tempo facer o proxecto e todo iso,
pero algo tan sinxelo, simplemente parece unha desidia total.