Site icon Crónica3.com A Mariña

Existe un claro complot entre as administracións para que a unificación dos concellos de Alfoz e Valadouro non se leve a cabo, explica IpV

Coa resposta do Valedor quedan probadas as mentiras da Xunta e dos alcaldes de Alfoz e Valadouro.

Onte recibimos resposta a última queixa dirixida o Valedor do pobo referente a fusión dos concellos de Alfoz e  Valadouro.

Na cal deixa claro que dende a Xunta de Galicia minte descaradamente no referente a todo o proceso.

Temos declaracións de Alfonso Rueda, conselleiro de presidencia, de fai meses, nas que decía que o estudo sobre a viabilidade da fusión de Alfoz-Valadouro se estaba realizando, e resulta que ahora a dirección xeral de administración local, que dirixe o mesmo Rueda dice que deso nada de nada, que a petición do estudio para eles non é vinculante, así de claro e literal.

Así mesmo din dende a dirección xeral que en data 29 de febrero de 2012 lle remitiron ó concello de Alfoz uns modelos de fichas de prestación de servicio que debería cumprimentar no concello para a realización do estudo dos servizos públicos municipais, petición que ata a data non tivo resposta por parte do concello de Alfoz.

“Queda demostrado que existe un claro complot entre a distintas administración implicadas para que a unificación dos concellos de Alfoz e Valadouro non se leve a cabo.

Podemos decir claramente e con argumentos que Alfonso Rueda e Albero Nuñez Feijoo son uns mentirosos”

, xa que o primeiro dixo que o estudio de viabilidade se estaba facendo cando non é certo, e o segundo tras anunciar a fusión de Oza e Cesuras sin ningún tipo de acordó plenario dos concellos implicados, comprométese apoiar as fusións e favorecer en todo o posible, a realidade é que está a facer o contrario.

Igualmente podemos comprobar as mentiras dos rexidores locais, que ambos dixeron que estaban a favor da elaboración do estudio de viablidade e sen embargo están facendo todo o posible para que non se realice.

Xa que a diputación provincial de lugo, según palabras de Gomez Besteiro están a espera da resposta polo alcade do Valadouro a pregunta que se lle remitiu dende a diputación o día 29-5-2012 sobre si quería ou non que se realizara o estudio de viabilidade.

“Coa súa inutilidade os alcaldes de Alfoz e Valadouro, e coa complicidade da Xunta de Galicia,  van conseguir que o Val do Ouro remate por morrer, cada vez é menos a xente que vive aquí, e cada vez son menos os recursos dos que dispoñemos, é penosos ter uns alcaldes que o único do que se preoucpan e de lucrarse cos diñeiro dos veciño. Máis que nunca é preciso ter dirixentes responsables, se queremos mirar polo ben xeral estamos condeados a entendernos”.

Exit mobile version