Site icon Crónica3.com A Mariña

Éxito do IV encontro no Eido Dourado que arranca unha nova tempada adicada á arte

O IV ENCONTRO NO EIDO DOURADO DO PASADO SÁBADO FOI UN ÉXITO. ARREDOR DE 200 PERSOAS ACOMPAÑARON A CELSO DOURADO NO ARRANQUE DA CUARTA TEMPADA DESTE ESPAZO ADICADO AO ARTE.

Barreiros, 2 de xullo de 2012. Arredor de 200 persoas disfrutaron o pasado sábado do IV Encontro no Eido Dourado, que contou coa presenza de Manuel Lourenzo, Carlos Reigosa, Laura Branco, Fernando Villapol, Mini e Mero, Tino Baz e Najla Shami. Celso Dourado asegura que a cita “foi un éxito. Veu xente de Lugo, de Viveiro e do Occidente asturiano. Estou moi contento polo discorrer do Encontro e por poder contar con todas as persoas que nos quixeron acompañar o pasado sábado”. Dourado engadiu que “na parte musical os que máis impactaron foron Tino Baz e Najla Shami, porque eran bastante descoñecidos na nosa comarca”.

Con esta festa arrinca a cuarta tempada do Eido Dourado na praia de A Pasada en Barreiros. Este espazo adicado ao arte estará aberto de martes a domingo, desde mañá 3 de xullo, e ata mediados do mes de setembro. O horario de visita é de 11:30 a 13:30 horas polas mañás e de 18:00 a 21:00 horas pola tardes.

Exit mobile version