Site icon Crónica3.com A Mariña

A peche Haydée Agras Moral continuará vinculada ao proxecto burelista en 2012-13

HAYDEE CONTINÚA CO PROXECTO BURELISTA

A peche Haydée Agras Moral continuará vinculada ao proxecto burelista en 2012-13. A xogadora viguesa, de 28 anos, asinou o novo compromiso xunto ao vicepresidente do CD Burela FS Pescados Rubén, Manuel Blanco. Ademais das súas funcións deportivas, Haydee porá en práctica a súa formación como licenciada en Ciencias da Actividade Física e Deportiva, con máster en Dirección e Xestión de Entidades Formativas, incorporándose á estrutura administrativa da entidade.

“O entendemento foi doado e chegamos a un acordo rapidamente porque as dúas partes tiñamos as cousas moi claras” explicou Haydee, que espera “dar un paso adiante” na súa contribución ao xogo despois do primeiro ano de experiencia co Burela FS: “Na pista, espero que as lesións me respecten para darlle continuidade ao traballo iniciado en 2011-12. Ademais comezo con moitas ganas unha nova etapa, con novas obrigas, na que terei a oportunidade aplicar os meus coñecementos en xestión deportiva e axudar ao desenvolvemento do proxecto” dixo a burelista.

Manuel Blanco aplaudiu a renovación da peche incidindo “na regularidade demostrada na tempada, unha xogadora que continuará proporcionando equilibrio ao equipo”.

Exit mobile version