Site icon Crónica3.com A Mariña

II Invasión Normanda

II INVASION NORMANDA
´

A II Invasión Normanda na bocana da ría de Foz, histórico/lendario episodio que se escenificará o vindeiro mes, fai que as sirenas dos asteleiros chamen a zafarrancho e se detecte unha febril actividade para arranxar novas unidades, as mais axeitadas para unha eficaz loita fronte ó inimigo, segundo as normas contructivas que dicta a experiencia de tan longo percorrido A recua de operarios que labora no estudo e dominio das novas técnicas que o departamento de I+D, de Construccións Navais Normandas (CNN), que dirixen os avezados enxeñeiros, de ascendencia grega, Carolus Nierensis, Gran Duque de Polonia, e Petrus Daureliensis. Iste ano, polo Bispo Santo realizaron un cursiño intensivo de posta ó día nas novas artes, pois pretenden desbancar á ata dagora superioridade da intervención diviña de San Gonzalo. Xentes con poder de inventiva, que tras longas xornadas de estudo, análise e comprobacións domésticas, lograron grandes avances na aplicación de tradicionais métodos de traballo, mellorando de xeito claro o rendemento de serruchos, garlopas, trinchas e demais elementos usados de vello na vetusta carpinteiría de ribeira, factoría na que se construen as mais intrépidas naos que cruzan os mares. Tras concienzudos análeses e debates, o equipo técnico de C. N. N.Carolus & Petrus, S.C. optaron polo modelo de embarcación “Drakkar”, termo que en escandinavo equival a “dragón” pois a miúdo o mascarón de proa representa a cabeza dunha destas bestas fabulosas, e que pola construcción armónica i equilibrada resulta o modelo idóneo para navegar polo Cantábrico. A donosura e beleza da súa liña, o notable incremento de unidades da flota atacante, o cromático colorido da esbelta escuadra fan que sexan multitude as xentes que, en longas riolas, acuden ás instalcións asteleiras para ollar tan engaiolante obra que vai facer que a II Invasión Normanda quede para a posteridade como a auténtica “ mais alta ocasión que viron os séculos”, como Cervantes, que non coñecía o Desembarco de Foz, definíu á batalla de Lepanto…Este feito histórico/lendario, cuxo eco resoa baixo as bóvedas milenarias da basílica de San Martiño, adobado cos elementos lúdicos, folclóricos e gastronómicos que o distinguen, está chamado a brilar no mais outo do firmamento festivo como o meirande espectáculo naval do norte de Galicia, para que as vindeiras xeracións non perdan memoria deste feito insólito…

Suso Fernández

Exit mobile version