Site icon Crónica3.com A Mariña

Independentes polo Val propón que as piscinas do Val do Ouro coordinen o seu horario

INDEENDENTES POLO VAL PROPÓN QUE AS PISCNAS DO VAL DO OURO COORDINEN O SEU HORARIO

Os dous alcaldes do PP do Val do Ouro continúan a darnos exemplos de mala xestión no exercicio das súas labores de goberno. Encheuselles a boca o decir que ía colaborar para a prestación de servcios os vecinos e os seus feitos demostran continuamente o contrario.

Este verán as piscinas municipais de Alfoz e Valadouro tan só permancerán abertas mes e medio e as dúas en horario de tarde.

Dende Independentes polo Val facemos crítica desta medida que mostra una total falta de diálogo entre ambos alcaldes do pp, e un prexuizo innecesario para todos os veciños do Val, que usan indistintamente ambas piscinas sin ter relación co concello no que residan.

Dende IPV propoñemos que os alcaldes dialoguen e se poñan de acordó para abrir una piscina en horario de maña e outra en horario de tarde, dese modo os 4000 veciños do Val do Ouro poderan ter servicio de piscina durante todo o día.

Outra opción igual de boa para os veciños é que anque cada unha abra mes e medio o fagan en disitntas datas, así os veciños do Val do Ouro, disporían do servizo de piscina durante un tempo de tres meses, o dobre do que disponen na actualidade, ambos alcaldes deberían tomar nota de cara ó vindeiro ano para a organización do mencionado servizo.

É lamentable ter estes alcaldes que temos, que se limitan a cobrar do diñeiro dos veciños e a queixarse de que non poden facer nada ante as problemáticas existentes, no sitio de buscar alternativas e de optimizar o poucos recursos que hai, como podemos ver ahora co caso das piscinas municipais.

Exit mobile version