Site icon Crónica3.com A Mariña

IpV reclama transparencia na contratación de persoal en Alfoz coa creación dunha mesa

IpV reclama transparencia na contratación de persoal en Alfoz coa creación dunha mesa de contratación.

IpV presentou unha moción para a creación en Alfoz dunha mesa de contratación de persoal na que estean representadas todas a forzas políticas presentes no concello.

O obxetivo é que en Alfoz as contratacións de persoal sexan transparentes, algo que a día de hoxe non é unha realidade.

As contratacións de persoal por parte do concello debe ser totalmente transparentes e o máis obxetivas posibles.

No concello de Alfoz prodúcense moitas contratacións sobre as que non se poden atribuir os obxetivos de transparencia, igualdade e obxetividade, podemos decir que a maioría.

Proba diso e que actas de comisións de goberno nas que se aprobran a contratación ou creación de prazas no concello son comunicadas a oposición con casi tres meses de retraso en lugar do prazo de 10 días que marca a lei, ocultándolle así o proceso a oposición e favorecendo a opacidade de todo o proceso. É urxente evitar que se produza unha contínua manipulación partidista para a contratación de persoal por parte do concello.

Ante a posibilidade a optar a un posto de traballo no concello todos os veciños deben ter a opción de poder optar a él con total igualdade, e que non exista ningún tipo de axuda oculta que beneficie a algún veciño en detrimento de outros.

Na actual situación de precariedade laboral e escased de traballo e preciso facer uns procesos de contratación exemplarizantes na súa corrección, de forma que non se produzan ningún tipo de agravios comparativos.

Dende Ipv propoñemos a aprobación do segintes acordos:

Crear unha mesa de contratación para que controle e evalue todo o proceso de contatación de persoal no concello de Alfoz.

Que sexa a mesa de contratación quen en base a uns criterios previos quen determine e decida as persoas a contratar por parte do concello.

Que na mesa de contratación estea un representante de cada grupo político presente na corporación municipal de Alfoz.

Exit mobile version