Site icon Crónica3.com A Mariña

Manuel Otero Méndez, Cadramón, xefe do servizo de Deportes da Delegación Territorial da Xunta en Lugo

MANUEL OTERO MÉNDEZ, CADRAMÓN, INCORPORASE Á DELEGACIÓN TERRITORIAL DA XUNTA EN LUGO COMO NOVO XEFE DO SERVIZO DE DEPORTES

Lugo, 31 de xullo de 2012.- Manuel Otero Méndez, coñecido no ámbito deportivo como Cadramón, será o novo xefe do servizo de Deportes da Delegación Territorial da Xunta en Lugo.

O novo responsable da área de Deportes do departamento autonómico na provincia exerce de forma efectiva desde hoxe mesmo as competencias do seu novo cargo en substitución de José Manuel Rozas Bello, que ven de asumir o cargo de xefe territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Manuel Cadramón, natural de Barreiros, é titulado en Electricidade e está adscrito á Administración autonómica dende hai preto de dúas décadas, exercendo como profesor de Instalacións Electrotécnicas en varios centros educativos da comunidade.

Así mesmo, Cadramón acredita unha dilatada traxectoria de máis de 30 anos no ámbito deportivo, especialmente vencellado ao fútbol sala. Nesta disciplina, logo dunha extensa carreira como xogador en activo, chegando a xogar na antiga División de Prata, iniciouse como directivo e adestrador, contando co título de adestrador nacional Nivel III, a máxima titulación no ámbito estatal. Nestas facetas, destaca a presidencia do Cadramón Lux FS, en Primeira A, e o traballo dentro do corpo técnico do Azkar Lugo, en División de Honra, durante seis tempadas.

Exit mobile version