Site icon Crónica3.com A Mariña

Mercados e música no programa Parolando de Radio Valadouro

No programa Parolando foron invitados Nuno García e Xabi Dourado, membros do grupo musical Ragnarok, que deu un concerto no Valadouro o día 26 de xullo.Tamén se falou dos mercados tradicionais que se están a recuperar en varios concellos da Mariña. Estiveron de invitados Elia Rodríguez Álvarez (representante da Asociación de Produtores de Horta “A Sucadoira” de Ribadeo), unha das organizadoras do Mercado dos Domingos en Ribadeo; Zoila Gulin (do Colectivo Cultural “Tanque de Zinc”), unha das organizadora dos Xoves con Xeito e dos Domingos Frescos de Mondoñedo; Elisa Pérez (representante da Asociación “Karrikanta”), unha das organizadoras dos Mercados do Souto en Cervo; e Alberto Geada “Buyo”, zoqueiro de Lagoa con taller en Mondoñedo.

Exit mobile version