Site icon Crónica3.com A Mariña

Milenia despídese de Burela para regresar ao Sinnai italiano

MILENA DESPÍDESE DE BURELA PARA REGRESAR AO SINNAI ITALIANO

A ala-peche brasileira Milena Gasparini Ribeiro despediuse o domingo de Burela para retomar o contrato que a vincula ao Sinnai Calcio a 5, da Serie A italiana, ata 2013.

Milena deixou a vila mariñá, o equipo e sobre todo os compañeiros con mágoa: “Dende o primeiro día estiven coma na casa, non podería estar mellor. Marcho deixando moitos amigos e satisfeita polo excelente traballo do cadro, aínda que tamén cunha pequena espiña por non chegar á final da Copa; foi unha lástima”. A xogadora tamén tivo unhas palabriñas de ánimo para o futuro laranxa máis inmediato: “O Burela FS rematou a tempada como o mellor da liga, creo que poderá conseguir grandes cousas en 2012-13. Seguirei a competición pola Internet, tamén a estrea do masculino en Primeira; aos dous lles desexo moita sorte” concluíu a ala-peche.

Os dirixentes burelistas Manuel Blanco e Marcelino Luna agradeceron a disposición e vontade da xogadora na súa despedida. “Toda a familia laranxa lle desexa o mellor a Milena no regreso a Italia, unha xogadora moi constante e traballadora, dunha calidade humana excepcional“ coincidiron os directivos laranxas.

Exit mobile version