Site icon Crónica3.com A Mariña

Na campaña “Tapóns para unha nova vida” colexio Sagrado Corazón de Ribadeo recolleu 687 kg

O colexio Sagrado Corazón de Ribadeo recolleu 687kg (máis de 280.000 tapóns de plástico) para a campaña “Tapones para una nueva vida”. O fin é axudar a sufragar os gastos médicos de nenos con enfermidades graves ou a facilitar o acceso a complementos ortopédicos a aqueles outros que non teñen recursos. Os rapaces do colexio colaboraron activamente traendo os tapóns das súas casas e tamén dalgúns negocios de hostelería que colaboraron con eles. Despois a fundación Seur encárgase de recollelos e levalos a destino. O colexio foi o punto de encontro da solidaridade de moitas persoas e queremos darlles a grazas e animalos a seguir xuntando tapóns (en setembro reanudaremos os envíos).

Exit mobile version