Barreiros, 10 de xullo de 2012. Os xardíns do Eido Dourado lucirán en breve unha escultura de Paco Pestana. O artista de Castroverde leva máis dunha semana traballando in situ na elaboración desta obra, que será inaugurada nuns días.
Celso Dourado relatou que “a posibilidade de traer a Paco Pestana ao Eido Dourado xurdiu pola súa importancia no mundo da escultura, ademáis él é un home ao que lle gusta desarrollar os seus proxectos in situ, de aí que viñese ao Eido Dourado agora no mes de xullo. Aquí está a facer unha escultura en madeira de iroko relacionada coa natureza e que se exhibirá nos xardíns deste espazo adicado ao arte”.
Dourado sinalou que “Paco Pestana leva aquí máis ou menos unha semana e está a piques de rematar. A escultura que está a facer supera os dous metros e está concebida con madeira ensamblada, onde él desarrolla os seus motivos e as súas liñas escultóricas. É unha obra bastante complexa, pero moi conectada coa forma de traballar de Paco Pestana”.
Nuns días poderá contemplarse esta obra nos xardíns do Eido Dourado, que abre de martes a domingo en horario de 11:30 a 13:30 polas mañás e de 18:00 a 21:00 horas polas tardes.