Site icon Crónica3.com A Mariña

Novas Xeracións de Mondoñedo celebrará o sábado unha xordada con motivo do centenario do falecemento de Leiras Pulpeiro

Novas Xeracións de Mondoñedo celebrará o próximo sábado unha xordada con motivo do centenario do falecemento de Leiras Pulpeiro

 O programa do acto inclúe unha ponencia a cargo do escritor e catedrátido da Universidade de Oviedo, Antón Meilán

 O auditorio municipal tamén acollerá unha representación teatral da man da Asociación Cultural O Castro de Villaronte

Mondoñedo, 7 de xullo de 2012- Novas Xeracións do Partido Popular da localidade de Mondoñedo súmase ao programa de actos organizados na cidade con motivo do centenario do falecemento do escritor mindoniense, Manuel Leiras Pulpeiro. A agrupación político xuvenil vinculada aos populares organiza para elo o próximo sábado, 14 de xullo, unha xornada que integra na súa programación tanto actividades literarias como teatrais, coa intencionalidade de ser un atractivo tanto para os pequenos como para os maiores.

Así, a xornada organizada por Novas Xeracións e polo Partido Popular de Mondoñedo inclúe unha ponencia a cargo de Antón Meilán García. O catedrático da Universidade de Oviedo e escritor, de orixe mindoniense, compartirá cos asistentes as súas inquedanzas e coñecementos literarios durante unha charla-coloquio, que se celebrará no Centro Cultural da Alcántara –Antiga Igrexa da Alcantara–, ás 19:00 horas.

Durante o acto no Centro Cultural da Alcántara; os mozos da agrupación político xuvenil da localidade, presentarán as bases dun concurso literario dirixido a estudantes do CEIP Álvaro Cunqueiro Mora e que será fallado durante o Nadal. O membro de NN.XX. de Mondoñedo, Alberto García, presentará o acto no que intervirán tamén a portavoz do PP local, Elena Candia, e o presidente provincial de Novas Xeracións, Daniel Vega, e que continuará no auditorio municipal.

O auditorio da localidade acollerá ás 20:00 horas unha xornada teatral da man de Asociación Cultural o Castro de Villaronte. A citada agrupación representará dúas obras baixo os títulos de “Véndese unha Mula” e a “Pousada”

Desta maneira, os mozos de Novas Xeracións e do PP contribúen a manter viva a histórica tradición literaria de Mondoñedo e recordan a escritores locais de renome, como é o caso de Manuel Leira Pulpeiro, en cuxo 2012, se celebran 100 anos do seu falecemento. O acto tamén procura incentivar o afán literario entre os máis pequenos e buscar a celebración dunha xornada que dea cabida tanto aos máis maiores como aos nenos da casa.

Exit mobile version