Site icon Crónica3.com A Mariña

Novos cursos de informática en Burela

A aula CeMIT, acollerá dous novos cursos de alfabetización dixital impartidos polo Concello de Burela.
O vindeiro martes 10 de xullo iniciaranse dous cursos de “Alfabetización dixital: Correo electrónico”. O primeiro impartirase os martes e xoves en horario de 16:00 a 17:30 horas. O segundo celebrarase tamén os martes e xoves, pero en horario de 18:30 a 20:00 horas. Ambos cursos rematarán o día 26 de xullo.

Exit mobile version