Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Ribadeo ve intolerable a supresión de viaxes dos trens de Feve pola comarca da Mariña

FERNANDO SUÁREZ TILDA DE INTOLERABLE A POSIBLE SUPRESIÓN DE VIAXES DOS TRENS DE FEVE AO SEU PASO POR RIBADEO E POLA COMARCA DA MARIÑA. O ALCALDE ACUSA AO GOBERNO DE ESTADO DE ESTAR A MATAR MOSCAS A CAÑOZANOS.
Ribadeo, 26 de xullo de 2012. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, tilda de intolerable a posible supresión de viaxes dos trens de Feve ao seu paso por Ribadeo e pola comarca da Mariña. O rexedor pensa que a reducción deste servizo servirá para dispersar aínda máis a poboación desta zona e acusa ao goberno do Estado de estar a matar moscas a cañonazos.

Suárez Barcia sinalou que “desde Ribadeo asistimos con incredulidade a este dislate que o goberno do Estado está a propoñer para a anulación sistemática de servizos públicos, onde co motivo do aforro o que están é tentar matar moscas a cañonazos. Incredulidade de ver esta proposta que os responsables de Feve fan para eliminar todos os servizos centrais da comarca da Mariña no que ten que ver con este tren durante o verán e o inverno, que afectan ás partes máis proclives para a xente, por exemplo de Ribadeo, para que se poida desprazar ao hospital da Costa en Burela ou ao de Jarrio en Asturias, ou para que a xente vinculada co mar poida ir facer os seus trámites a Celeiro ou na Policía Nacional da Viveiro”.

O alcalde anunciou que “desde o Concello presentaremos unha moción no vindeiro pleno rexeitando este tipo de actuacións. O que teñen que facer si queren optimizar e que os servizos públicos funcionen é poñer as paradas de trens en lugares máis accesibles para fomentar o transporte público e para vertebrar unha comarca desvertebrada coma ésta e á que para nada vai favorecer este dislate de matar moscas a cañonazos pretendendo aforrar. O único que van conseguir é continuar a dispersar máis a nosa poboación e que haxa cidadáns de primeira e de segunda. De primeira os que viven nas cidades e de segunda os que viven nas vilas, nas aldeas e nas parroquias da Mariña de Lugo”.

Exit mobile version