Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Xove reuniuse coas persoas traballadoras interesadas no Plan de Emprego Municipal

REUNIÓN INFORMATIVA DO PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL DE XOVE

O Concello de Xove aprobou o pasado mes de xaneiro unhas novas bases reguladoras do seu Plan de Emprego Municipal que introducen melloras para resultar máis atractivo ás entidades privadas que efectúen contratación de persoal.

Para dar a coñecer as características deste plan e o seu funcionamento, o Alcalde Demetrio Salgueiro convocou ás empresas e xestorías da zona a unha reunión informativa que tivo lugar o pasado 23 de maio.

Hoxe, o Alcalde, acompañado da AEDL Rosa Lage, mantivo unha reunión con tódalas persoas traballadoras anotadas no PEM, porque tamén son parte moi importante á hora de difundir este plan e por iso é preciso que coñezan ben as súas características e funcionamento. A esta reunión, celebrada hoxe ás 11:00 horas na Aula de Formación do Concello, asistiron 27 persoas que foron informadas do funcionamento do plan que conta, entre outras, coas seguintes vantaxes:

– Xestiona unha bolsa de emprego.

– Regula unha subvención para a contratación de ata 6.300 euros por posto.

– Subvenciona a contratación indefinida e tamén a temporal.

– Establece unha total compatibilidade con calquera outra axuda de outras entidades.

– Dispón unha tramitación sinxela, rápida e doada que é desenvolvida integramente e de forma gratuíta polo persoal municipal responsable.

– Conta cun orzamento inicial de 60.000,00 € para este ano 2012

No que vai de ano, hai 15 novos expedientes, deles 5 son persoas que se deron de alta no Réxime Especial de Autónomos; 4 son contratacións indefinidas e 6 contratacións temporais.

Do excelente funcionamento do Plan de Emprego Municipal de Xove, da boa mostra o seguinte cadro, con datos do pasado ano 2.011.

RESULTADOS DO PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL 2011

BENEFICIARIOS/AS DO PLAN DE EMPREGO 2011. CONTRATOS POR CONTA ALLEA

MULLERES

HOMES

INICIADOS

PRORROGADOS

INICIADOS

PRORROGADOS

8

30

4

27

TOTAL: 38

TOTAL: 31

TOTAL: 69

TIPOS DE CONTRATO SUBVENCIONADOS POLO PEM 2011

MULLERES

HOMES

TEMPORAL

INDEFINIDO

TEMPORAL

INDEFINIDO

14

24

9

22

TOTAL: 38

TOTAL: 31

TOTAL: 69

AUTÓNOM@S BENEFICIARIOS PEM 2011

MULLERES

HOMES

INICIADOS

PRORROGADOS

INICIADOS

PRORROGADOS

0

8

1

0

TOTAL: 8

TOTAL: 1

TOTAL: 9

EMPRESAS BENEFICIARIAS DO PEM 2011

EMPRESAS DO CONCELLO DE XOVE

EMPRESAS DE FÓRA DO CONCELLO

16

24

TOTAL: 40

Exit mobile version