Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG alerta sobre o incremento sen precedentes do paro na provincia de Lugo

O BNG ALERTA SOBRE O INCREMENTO DO PARO SEN PRECEDENTES NA PROVINCIA DE LUGO, MOI POR RIBA DAS XA ALARMANTES CIFRAS DE GALIZA

Manuel Parga afirma que este nível de desemprego é coherente cunhas políticas da Xunta como o Plan Impulsa Lugo, que só son “propaganda, engano e fraude masivo”

Lugo, 27 Xullo 2012.- O deputado do GP do BNG Manuel Parga lamentou hoxe que o resultado das políticas de emprego de Feijóo, nomeadamente o chamado Plan Impulsa Lugo, sexa un incremento do paro na provincia de Lugo sen precedentes, pois neste último trimestre mentres en Galiza o incremento foi dun 3,89 por cento, en Lugo foi do 11,3.

Parga advirte de que esta dinámica dun diferencial moito maior na provincia en xeral e na Mariña en particular xa se leva producindo dende que Feijóo chegou ao goberno da Xunta, “pois dende aquela até o hoxe, o incremento do paro en Galiza foi do 69,5 por cento e en Lugo do 95 por cento”.

Para o parlamentar, estas cifras, non obstante, son coherentes coa política que está a aplicar o goberno do PP na provincia, baseada na destrucción de todo o seu tecido industrial.

Neste sentido, afirmou que o Plan Impulsa Lugo posto en marcha hai dous anos fica claro que só foi “propaganda, engano e fraude masivo, esta é auténtica faciana do PP, a de mentir e destruir”.

O parlamentar considera que Feijóo ten a obriga de asumir as súas responsabilidades fronte a esta situación e recoñecer o fracaso da súa xestión, “non agacharse tras cortinas de fume como a da reducción da democracia que pretende perpetrar coa reducción de deputados”

“A inacción do presidente da Xunta e a súa política de falsa austeridade está provocando unha destrución masiva de emprego a un ritmo vertixinoso e levando a Galiza e a Lugo a unha situación límite” .

Exit mobile version