Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG chama á rebelión social contra as políticas do PP que atacan á maioría da sociedade

O BNG chama á rebelión social contra as políticas do PP que ademais de inútiles son inxustas e atacan á maioría da sociedade

Entre a suba do IVA e a liberalización de horarios comerciais o PP da o golpe de morte definitivo ao pequeno comercio polo que os nacionalistas esixen á Xunta que non permita a invasión de competencias por parte do Estado.

O recorte nas prestacións a desempregados supón a exclusión social de quen mais está a sufrir a crise económica.

A Mariña, 19 de xullo de 2012. O BNG ofreceu hoxe unha rolda de prensa no mercado de San Cibrao onde repartiu información sobre a s propostas da organización nacionalista alternativas ao que consideraron como “ataque sistemático contra as maiorías sociais” que están exercendo os gobernos do PP tanto en Santiago como en Madrid. O Resposabel Comarcal Antonio Veiga, o Parlamentario Manuel Parga e o Vice-Responsábel Comarcal, Xoán Antón Estúa, expresaron a vontade do BNG de poñer todo o necesario para frear a “aspisonadora de dereitos do PP” que empezou atacando as capas mais desfavorecidas da sociedade e agora vai un chanzo mais alá Tratando de desmantelar as clases medias da sociedade.

Os nacionalistas chamaron á rebelión social contra as políticas antisociais do Partido Popular.

Antonio Veiga, Manuel Parga e Xoán Antón Estúa chamaron a rebelarse contra o que consideraron “un ataque sistemático do PP contra as maiorías sociais” que comezou por recortar dereitos sociais, educativos e sanitarios e continúa agora co desmantelamento da actividade económica do pequeno comercio e autónomos mediante a suba do IVA ou a liberalización de horarios comerciais que darán o golpe definitivo a este sector económico que tanto emprego xera no noso país. Os nacionalistas esixiron a Feijoo que se deixe de viaxes e asuma as súas obrigas como presidente da Xunta facendo fronte a medidas tan lesivas para a nosa economía e para a de tantas familias galegas que viven do pequeno comercio que o PP está levando á súa desaparición.

O recorte de prestacións a desempregados provocará a exclusión social de quen mais está a padecer a crise.

Os Nacionalistas enmarcaron no “golpeo sistemático do PP contra todo o que non sexa a banca e o gran capital” a decisión do goberno de Rajoy de rebaixar as prestación a desempregados a partir dos seis meses do 60 ao 50% así como o endurecemento dos requisitos para acceso á renda activa de inserción unha vez esgotado o desemprego. Segundo afirmaron, “isto supón a exclusión social daquelas persoas que mais están sufrindo a crise mentres ao goberno só lle preocupa salvar á banca que a provocou”

Exit mobile version