Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Foz solicitoulle ao alcalde aprazar unha hora as comisións informativas por coincidir coas mobilizacións

O BNG DE FOZ PIDE APRAZAR AS COMISIÓNS INFORMATIVAS DESTE XOVES PARA PODER ASISTIR OS SEUS MEMBROS ÁS MOBILIZACIÓNS EN CONTRA DAS ULTIMAS MEDIDAS APROBADAS POLO GOBERNO DO ESTADO
O BNG de Foz solicitoulle ao alcalde aprazar unha hora o comezo das comisións informativas de pleno po ue coincidir coas mobilizacións convocada

Foz, a 17 de xullo de 2012.- O BNG de Foz, a través do seu portavoz municipal, Xan Carlos González Basanta, solicitoulle ao alcalde aprazar unha hora o comezo das comisións informativas de pleno convocadas para este xoves día 19 de xullo ás 20:30 horas. O motivo é que coincide coas mobilizacións convocadas por todas as organizacións sindicais nas principais cidades e vilas do país ese mesmo día en contra o paquete de medidas aprobadas o pasado día 13 de xullo polo Consello de Ministros. Na Mariña a mobilización prevista é na Praza da Mariña de Burela, ás 20:00 horas. Segundo expresa Basanta “o cambio de hora facilitaría aos membros das comisións que quixeran asistir e apoiar as mobilizacións en contra de todas estas medidas antisociais que non solucionan senón que empeoran o problema económico e social do noso país e só serven para engordar aínda máis o peto dos banqueiros”.

Para o BNG, a economía dos concellos e o benestar social vanse ver moi afectados polas medidas aprobadas este venres polo PP, como son a suba do IVE, a nova redución salarial que se lle aplica ás empregadas e empregados públicos, a redución das prestacións por desemprego, a redución do 30% das axudas para adquisición de vivenda para xoves, a eliminación da prestación de servizos por parte dos concellos, reforzando a cambio as deputacións, a liberalización do sector servizos e dos horarios comerciais ou o endurecemento dos requisitos para o acceso á renda activa de inserción. Todas estas medidas xa foron ensaiadas con anterioridade e non contribuíron á recuperación económica senón que agravaron a situación de recesión.

Desde o punto de vista do BNG o camiño é o contrario e veno repetindo desde o comezo da crise: reforma fiscal que grave as rendas máis altas, persecución do fraude fiscal (co que se recuperarían alomenos 30.000 millóns de euros), supresión de deputacións e ministerios ou redución de gastos militares, entre outras.

Exit mobile version