Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Ribadeo desenvolverá un acto público informativo sobre os recortes sociais e as medidas económicas

O BNG DE RIBADEO CELEBRARÁ O DOMINGO UN ACTO PÚBLICO ARREDOR DOS RECORTES SOCIAIS DO GOBERNO DO PP, CON PRESENZA DOS DEPUTADOS BIEITO LOBEIRA E MANUEL PARGA

O Bloque Nacionalista Galego de Ribadeo desenvolverá o domingo 22, ás 12.30 horas, na rúa Rodríguez Murias (no lugar coñecido popularmente como as “Catro Calles”) un acto público aberto e de carácter informativo sobre os recortes sociais e as medidas económicas impostas polo Goberno do Partido Popular ao conxunto dos cidadáns e cidadáns.

O acto contará coa presenza de Manuel Parga, deputado do BNG no Parlamento Galego pola comarca da Mariña, e de Bieito Lobeira, deputado e coordinador do grupo parlamentar do BNG. Ambos explicarán as consecuencias que terán para a cidadanía os recortes, as medidas económicas e a eliminación de dereitos sociais e laborais decidida polo goberno de Rajoy, tanto no ámbito máis local como no ámbito xeral.

O acto organizado polo BNG de Ribadeo é un acto de carácter totalmente público e aberto. Desde a formación nacionalista faise un chamamento, asimesmo, á asistencia e participación social nas diferentes mobilizacións sociais que están a ter lugar nos diferentes puntos do país en rexeitamento destas medidas, así como na manifestación nacional que o día 25 de xullo o BNG convocou en Santiago de Compostela para celebrar o Día da Patria Galega, baixo o lema: RESCATA OS TEUS DEREITOS!

Exit mobile version