Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG denuncia o pésimo estado da ruta do Río Ouro no lugar de Sonelle, na parroquia de Mor, Alfoz

VERGOÑENTO ESTADO DA RUTA DO RÍO OURO EN SONELLE (MOR, ALFOZ)

O BNG quere denunciar o pésimo estado da ruta do Río Ouro* no lugar de Sonelle, na parroquia de Mor, Alfoz.

É frecuente que a devandita ruta sufra abandono (maleza, etc.) no seu percorrido xeral, mais o tramo de Sonelle atópase interrumpido totalmente por un silveiral e moreas de lixo que medran de día en día (cascallos, restos de obra, pneumáticos…) o que conleva un grave risco de incendio, nomeadamente na xeira estival.

Debemos salientar que a ruta do Río Ouro recibe nos meses de vrao o 95% dos seus visitantes, moitos deles foráneos, e a imaxe que dá o Concello de Alfoz é vergoñenta, xa que sinala con postes e letreiros a ruta e despois hai tramos impracticábeis ou cheos de brodio, coma o de Sonelle.

O BNG demanda que o Concello de Alfoz limpe a maleza e manteña en boas condicións a ruta, asemade que non permita o amoreamento de lixo nin o xurdimento de verquedoiros incontrolados, xa que ademais da mala imaxe que produce aumenta o risco de incendios.

*A RUTA DO RÍO OURO é un camiño creado hai poucos anos como sendeiro ambiental de Alfoz, ten tramos arrentes do río como paseo fluvial (non ten continuidade, é dicir non están unidos todos os seus tramos, os cales atópanse espallados entre as parroquias de Carballido, Bacoi e Mor)

Exit mobile version