Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG denuncia que o alcalde de Muras deixa en mans de empresas privadas os servizos sociais que debera atender o concello

O BNG DE MURAS DENUNCIA AO ALCALDE DE MURAS DEIXA EN MANS DE EMPRESAS PRIVADAS OS SERVIZOS SOCIAIS QUE DEBERA ATENDER O PROPIO CONCELLO

Critican a nula implicación do Alcalde na xestión dos servizos sociais, piden suprimilas adicacións exclusivas e adicalos cartos ao financiamente da Axuda no Fogar.

Muras, 30 de xullo de 2012. O BNG de Muras por medio do seu portavoz comarcal, denunciou ao alcalde de Muras, o sirio Algnam Azzam Assam, pola súa incapacidade e deixadez no referente á xestión dos asuntos que concernen ao Concello, e coma exemplo poñen a inanición na que se atopan os Servizos Sociais, logo de comprobalos demandantes deste servizo e ter falado con eles, sorprendense que nun Concello maioritariamente envellecido e con múltiples situacións de dependencia valorada no seu maior grao, onde as demandas son constantes , non entendemos a escasa aportación orzamentaria que se fai ao Servizo de Axuda no Fogar entendendo que dende o Concello non se lles dá resposta as necesidades dos veciños deixándoos aos á súa sorte.

Mostrámonos extrañados deste feito pois cando os veciños inquiren ao Sr. Algnam Azzam sobre este asunto, dílles que non hai cartos e que poden acceder ao servizo pagándolle do seu peto á empresa concesionaria do servizo de axuda no fogar.

Sorprendenos estas afirmacións do Sr. Alcalde pois tanto él cunha adicación exclusiva de 54000 euros e o Tenente de Alcalde cunha adicación exclusiva de 21000 euros ao ano, solicitaron sendas excedencias nos seus respectivos traballos para adicarse en exclusiva á vida municipal nun Concello onde o número de censados escasamente supera os 750 habitantes. Resaltar que dos catro concelleis elixidos polo PP no Concello tres deles, incluido o Alcalde teñen adicación exclusiva.

Asimesmo non deixan de resultar contradictorias estas afirmacións , e mentras que non se lle prestan servizos básicos a aquela xente máis necesitada, o Concello de Muras está a pagar tódolos meses 23 nóminas.

Polo tanto conminamos ao Sr. Alcalde a que cambie a súa política replantexándose as tres adicacións exclusivas que ten nestes intres o Concello e adicando eses cartos a reforzar o Servizo de Axuda no Fogar.

Exit mobile version