Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG di que a modificación do trazado do gasoducto e da tarifa eléctrica de Alcoa son decisións políticas “e esa é a vía a agotar”

O BNG CONSIDERA QUE A MODIFICACIÓN DO TRAZADO DO GASODUCTO E DA TARIFA ELÉCTRICA DE ALCOA SON DECISIÓNS POLÍTICAS “E ESA É A VÍA A AGOTAR”.

Barreiros, 13 de xullo de 2012. O BNG considera que a modificación do trazado do gasoducto e da tarifa eléctrica de Alcoa son decisións políticas “e esa é a vía a agotar”. Os nacionalistas din que debe existir unha adecuación da tarifa eléctrica de Alcoa a cambio do compromiso da empresa de manter a planta na Mariña e os postos de traballo.

No pleno celebrado na tarde de onte en Barreiros acerca do gasoducto, a Corporación mostrouse unámime ao rexeitar o trazado do mesmo ao seu paso por Barreiros, “desde o BNG quixemos deixar claro que nunca nin o BNG, nen as veciñas e veciños de Barreiros nos opuxemos a esta infraestrutura. Ao que si nos opoñemos é a este trazado que perxudica notablemente ás e aos barreirenses”.

Desde o Bloque Nacionalista Galego insistiron en que “non imos permitir que se utilicen argumentos demagóxicos e que se tente facer das veciñas e veciños que defenden os seus dereitos unha especie de verdugos, utilizando unha chantaxe na que se plantexa a disxuntiva entre postos de traballo ou modificación do trazado”.

A portavoz dos nacionalistas no Concello de Barreiros sinalou que “o gasoducto é unha infraestrutura precisa, ninguén o pon en dúbida, pero non é o principal atranco que ten a empresa Alcoa a día de hoxe. O BNG ten claro que o problema principal de Alcoa é a tarifa eléctrica, sen a cal a fábrica non asegura a súa continuidade na Mariña; por moita presa que se dea na execución do gasoducto. Polo tanto, o que ten que facer o goberno central é solucionar este problema”.

Neste sentido, os nacionalistas apoiaron a proposta da Alcaldía de instar ao goberno do Estado a modificar a tarifa eléctrica para Alcoa, “pero non pode ser a calquera prezo. Por iso, desde o BNG, introducimos unha emenda á proposta para instar ao goberno central a que modifique esta tarifa a cambio dun compromiso de Alcoa de continuidade na Mariña e de mantemento dos postos de traballo”.

Os nacionalistas barreirenses insitiron en que “tanto a modificación da tarifa eléctrica como a modificación do trazado do gasoduto son decisións políticas e esa é a vía que hai que agotar. O Partido Popular ten que demostrar que está do lado das veciñas e dos veciños e levar a cabo as actuacións precisas neste sentido.”

Exit mobile version