Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG do Valadouro consigue aprazar o pleno do venres 6 en solidariedade e apoio coa mobilización comarcal en Viveiro

O BNG NA CORPORACIÓN DO VALADOURO CONSIGUE APRAZAR O PLENO DO VENRES 6 EN SOLIDARIEDADE E APOIO COA MOBILIZACIÓN COMARCAL EN VIVEIRO

O luns 2 de xullo celebrouse unha comisión da Corporación Municipal do Valadouro, nela o concelleiro nacionalista Eduardo Chao propuxo aprazar o pleno municipal convocado para o venres 6 até o seguinte venres 13, solidarizándose coa mobilización convocada polo comité de empresa de Alcoa para este venres ás 20:00 h. en Viveiro, baixo o lema NA DEFENSA DOS POSTOS DE TRABALLO, e facilitando que tanto os membros da corporación coma os cidadáns que tiñan previsto asistir á sesión plenaria poidan participar na mobilización.

O BNG de Alfoz-O Valadouro quere así amosar o seu apoio á devandita mobilización, sendo conscientes do papel fundamental que desenvolve a factoría Alcoa e empresas auxiliares na Mariña, e facendo ao mesmo tempo un chamado á sociedade para a defensa e reivindicación deste e outros sectores estratéxicos na comarca.

A proposta do concelleiro Eduardo Chao foi aprobada por unanimidade.

Exit mobile version