Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG no Valadouro rexistrou unha moción na que demanda á Deputación e a Xunta un estudo sobre a fusión do Alfoz e O Valadouro

O dia 5 de xullo o concelleiro do BNG no Valadouro rexistrou para o seu debate en pleno a seguinte moción:

DEMANDAR Á DEPUTACION DE LUGO E Á XUNTA DE GALIZA UN ESTUDO DE VIABILIDADE SOCIOECONÓMICO SOBRE A POSÍBEL FUSIÓN DOS CONCELLOS DE ALFOZ E O VALADOURO.

Por outra banda, cómpre clarexar que o pasado 2 de marzo presentouse no Pleno do Concello do Valadouro unha moción do BNG na que se pedia o inicio dos trámites para a unificación dos dous concellos do val do rio Ouro.
A cal, non puido prosperar ao non ser aprobada por unha maioria cualificada (só votou en contra o grupo do PP).
Seguidamente, a concelleira María José Fernández López no seu nome e no do grupo UDIVAL, presentou un recurso de interposición o 30 de abril, co número de rexistro 997, pra que se procedese a anulación de dito acordo, ao consideralo non conforme á lei.
Isto orixinou a comunicación dun documento emitido polo CONSELLO CONSULTIVO DE GALICIA no que se expresaba que o recurso presentado pola devandita concelleira vulneraba gravemente a lei, resultando nulo de pleno dereito.
O BNG ofrécese a amosar este documento a calquer medio de comunicación que desexe cotexalo.
Debido a esta incidencia legal, o concelleiro do BNG no Valadouro presenta agora a moción enriba sinalada, seguindo coa dinámica cotiá desta organización no respectivo á unificación de Alfoz e O Valadouro.

Exit mobile version