Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela FS Pescados Rubén incorporará o peche Enrique Cánovas como primeira fichaxe para o gran salto

ENRIQUE CÁNOVAS, PRIMEIRA FICHAXE LARANXA PARA O GRAN SALTO

O Burela FS Pescados Rubén incorporará o peche Enrique Cánovas Ambit (1989) en 2012-13 como primeira fichaxe para o gran salto á elite.

O novísimo xogador chegará á Mariña procedente da ilustre estrutura murciana. Empezou no conxunto xuvenil Aljucer El Pozo para disputar dende hai catro anos a Segunda División con ElPozo Ciudad de Murcia. En 2011-12 compatibilizou a devandita liga coa de Primeira, baixo as ordes de Eduardo Sao-Thiago Lentz, Duda.

Exit mobile version