Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Burela fai un balance moi positivo da primeira festa castrexa

A OCUPACIÓN HOTELEIRA RONDOU O 100% EN BURELA A PASADA FIN DE SEMANA. O EQUIPO DE GOBERNO FAI UN BALANCE MOI POSITIVO DA PRIMEIRA FESTA CASTREXA.

Burela, 10 de xullo de 2012. As delegacións municipais de Turismo e Comercio fan un balance moi positivo da primeira festa castrexa que se celebrou en Burela a pasada fin de semana, que coincidiu co Memorial Rodrigo Maseda de fútbol sala de categorías de base. A ocupación hoteleira foi moi alta, polo que se amosan moi satisfeitos.

Desde o goberno municipal sinalan que “a ocupación hoteleira achegóuse ao 100%, ao coincidiren a celebración da festa castrexa e o memorial Rodrigo Maseda de fútbol sala de categorías inferiores. Sabemos que tanto a hostalería coma a restauración están satisfeitos co discurrir destes días”. Os datos recollidos na oficina de turismo son elocuentes, “pasaron polo punto de información un total de 200 persoas, todas doutras comunidades autónomas, entre o sábado e o domingo”.

As Concellerías de Comercio e Turismo consideran que “a festa castrexa e a romería do Monte Castelo serán as dúas mellores fins de semana do mes de xullo, con diferencia, polo que a ocupación hoteleira e a facturación en hospedaxes e restaurantes se refire. Como curiosidade podemos contar que algún local logrou vender ata 700 menús estes días, algo que da unha visión da capacidade de convocatoria que tivo a pasada fin de semana a nosa vila”.

Desde o Concello “queremos seguir colaborando nestes dous eventos, na medida das nosas posibilidades, para fortalecer estas fins de semana do mes de xullo en Burela”.

Exit mobile version