Site icon Crónica3.com A Mariña

Congreso e Senado non son clubs de carretera

OS CONGRESO E O SENADO NON SON CLUBS DE CARRETERA
(¡QUE SE FODAN!)

Estes días as “redes sociais” están que arden por a actitude da deputada do Partido Popular Andrea Fabra, filla do Fabra aquel a o que lle tocaba semana si e semana tamén a lotería e que foi o “xenio” que gastou millóns de euros en construír un aeroporto no que non aterran nin despegan avións, na comparecencia do Presidente do Goberno do pasado mércores. Segundo vese en imaxes de televisión, mentres o Presidente anunciaba as terribles mediadas, a deputada gritou “¡que se fodan!” no momento no que se explicaba a diminución de prestación para os desempregados.

A verdade é que, na miña opinión, a actitude dos nosos deputados tanto autonómicos como a nivel do estado e senadores deixa moito que desexar. Non pretendo hoxe facer crítica sobre a citada deputada, pois creo que son moitos os que teñen actitudes maleducadas e irrespectuosas.

Todos os deputados e senadores deberían reflexionar, non é lóxico que os plenos das Cámaras, atómicas, Alta e Baixa parezan un patio de colexio, no que imperan os insultos, descualificacións, despropósitos e as faltas de respecto e de educación.

Dos representantes da soberanía nacional e do voto cidadán eu espero seriedade e respecto, sobre todo nuns momentos tan difíciles como os que estamos pasando. Mentres moitos españois estano pasando moi mal coa crise, nas noticias móstrallenos a imaxe dos nosos políticos pelexándose, aplaudindo ou asubiando coma se importáselles máis facerse notar, a pelexa e a discusión que resolver a crítica situación.

Síntoo moito, pero o Congreso e o Senado non son clubs de carretera ou “puticlubs” onde discutir e follar. Nestes momentos é necesaria, máis que nunca, a tranquilidade e o saber estar entre a nosa clase política.

E aos representantes do Partido Popular heilles de dicir que han de ser máis listos, xa que, segundo dicen eles “a esquerda manipúlao todo. Que á mínima utilizarano para ir contra o Goberno e facer ver aos cidadáns que os da dereita son señoritos aos que non lles importa a crise e as clases medias”, actitudes como a da Sra. Fabra non axudan, e o mellor que podían facer e escoller mellor a os seus candidatos ou si non mandalos a escola antes de tomar posesión, e mentres tanto, mándena unha temporada larga para Castellón e poñan a outro-a no sitio, haber si así anque vostedes nos fodan ben fodidos a crase media e baixa do país, por o menos non o digan con recochineo.

Otero Regal

Exit mobile version