
A ASOCIACIÓN MARIÑA JAZZ (AMAJAZZ) ten o pracer de presentar a CUMBE a. c., grupo convidado nesta V edición do Seminario de Jazz e Música Moderna de Burela. CUMBE, asentado na Coruña, é unha agrupación de salsa e música latina que está formada por músicos chegados de Arxentina, Cuba e Galicia con grande recoñecemento a nivel nacional e internacional. Esta noite, ás 22:00 h. a formación coruñesa interpretará temas do grande cantautor de salsa Rubén Blades e outros temas míticos do latin jazz así como da música latina en xeral. Tralo concerto habéra unha jam session de música latina, tamén denominada “descarga”.
Dende AMAJAZZ agradécese encarecidamente a masiva asistencia de público a todos os concertos do V Seminario de Jazz e Música Moderna de Burela dado que sobrepasa, con moito, as expectativas iniciais.
CUMBE ac
Voz: Lucía Souto
Guitarra: Pepe Doré
Piano: Sergio Delgado
Vibráfono: Israel Arranz
Baixo eléctrico: Quique Alvarado
Congas: Rubén Montes
Bongos: Javier Ferreiro “Man”
Timbal: Miguel Cabana
Batería: Miguel Queixas
Esta noite, no Atrezzo Café, a partir das 22:00 horas.