Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP da Pontenova califica de “sin sentido e negativo” o orzamento municipal do exercicio para 2012

O PP da Pontenova califica de “sin sentido e negativo” o Orzamento Municipal do exercicio para 2012

.No pleno municipal os populares tamén votaron en contra das taxas

A Pontenova, 4 de xullo de 2012.- Logo do pleno municipal da Pontenova, o Voceiro do PP en dito Concello, Jorge García fixo balance. Comezou García tachando de “sin sentido” o Orzamento Municipal do exercicio para 2012.

“É un orzamento sin sentido e totalmente negativo”- afirma Jorge García, quen enumera unha serie de connotacións negativas ao seu respecto: non apoia aos sectores estratéxicos, prima os gastos non productivos sobre os productivos, non apoia ao fomento do emprego, non aporta medidas de apoio aos máis novos e non se destinada nin un euros as promesas electorais do PSOE nas pasadas eleccións muncipais (coma o Centro de Día ou o PAI)”- manifesta Jorge García.

O Voceiro do PP neste Concello mariñán tamén asegura que con este orzamento prodúcese unha diminución nas axudas ás Asociacións Deportivas e Culturais

“O Goberno municipal tiña que alo menos, mantelas Asociacións Deportivas e Culturais, si non aumentalas, xa que con moito voluntarismo e poucos cartos farían un montón de actividades que o Concello non podería asumir”- afirmou o voceiro popular.

Outro punto no que os populares votaron en contra foi no das taxas. Afirma Jorge García que o seu partido non está de acordo coa forma, xa que non tiñan que subirse todas nin ao mesmo tempo, senón que poderían facerse de maneira gradual en anualidades.

Asegura o Voceiro dos populares na Pontenova, que o Señor Darío Campos, descubríu agora, de repente, despois de cinco anos gobernando, que os servizos eran deficitarios.

“Nosoutros pedíamos uns criterios de progresividade e moderación, que obviamente con subir, por exemplo, un 189% a auga, un 61% o alcantarillado e a que menos sube é un 15% é aumentar sobre os veciños”.

Os populares da Pontenova aseguran que o único ao que se adica a facer o Señor Darío Campos é a levar a cabo accións sen sentido, ineficaces e perxudiciais para os veciños.

Exit mobile version