Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Mondoñedo pide ao alcalde que axilice a contratación dos grumires

O Partido Popular de Mondoñedo pide ao Señor Orlando que axilice a contratación dos Grumires

 Tódolos alcaldes, inclusive os da súa cor política, teñen xa contratados, ou iniciado o proceso de contratación dos Grumires, menos o de Mondoñedo, que unha vez máis, demostra que o Goberno lle queda grande

 Nunha situación de crise económica, que o Señor Orlando anuncie o seu destino de vacacións, e non teña aproveitado a oportunidade que moitos concellos de Galicia quixeran, non deixa de ser preocupante

Mondoñedo, 10 de xullo de 2012- As actuacións do Señor Orlando González poñen claramente de manifesto que a preocupación polos cidadáns que están en situación de desemprego é totalmente nula e unha das súas prioridades son unhas vacacións na Illa de Madeira.

Estas declaracións da Voceira dos populares en Mondoñedo veñen dadas logo de que o Señor Orlando González anunciase que o seu destino de vacacións este ano será a Illa de Madeira, e sen embargo, non teña, a día de hoxe, contratados, nin iniciado o proceso de contratación dos Grumires, algo que si teñen feito os demáis alcaldes, inclusive os da súa mesma cor política, como é o caso do de Ribadeo. “E dificil de entender que sexa o único Alcalde que non xestionara a contratación dos Grumires, incomprensible, preocupante e denunciable, semella que os mindonienses en paro non preocupan a este goberno”.

Elena Candia tacha de surreal e indignante que un rexedor priorice unhas vacacións

“Nunha actual crise económica, onde hai en España cinco millóns de parados, que un alcalde, ao que se lle brinda a oportunidade de contratar persoas que están en situación de desemprego e non o faga, é denunciable. Se ao Señor Alcalde non lle preocupan os problemas dos cidadáns que se vaia e que deixe paso aos que sí queremos dar solucións aos problemas dos veciños e neste caso un dos principais, é o de dar traballo- manifesta Candia.

A Voceira dos populares asegura que estos xestos por parte do rexedor mindoniense son preocupantes xa que a maioría dos Concellos pelexaría por estas oportunidades e solucións para os seus veciños, agás o Señor Orlando, que demostra unha vez máis que o que é unha posibilidade para os mindonienses, para él é un problema.

Exit mobile version