Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Mondoñedo pregunta ao alcalde polas melloras no concello

O Partido Popular Mindoniense pregunta ó Sr Alcalde en QUE MELLOROU MONDOÑEDO DENDE QUE EL ASUMEU AS RESPONSABILIDADES DE GOBERNO

• Os populares recordanlle que Mondoñedo: ten máis paro, menos industria, máis impostos, menos servicios, menos poboación, menos riqueza, máis incomodidades para vivir e infinitamente menos democracia.
• O grupo popular critica o retrase e a ineficacia na oportunidade de crear postos de traballo, sendo o ultimo concello en desenrolar esta contratación, tan esperanda entre os mindonienses
• O PP local explican que Orlando González ainda sigue pensando que ser alcalde so significa ter a posibilidade de aparcar diante do concello pero as responsabilidades e erros sempre son de outros

Mondoñedo, 14 de xullo de 2012- Tralas opinións vertidas nos medios en contestación a petición de axilidade na contratación os GRUMIRES na localidade de Mondoñedo, o pp de mindoniense considera absolutamente desacertadas, atrevidas e irresponsables as declaracións vertidas polo señor alcalde para xustificar a sua falta de xestión e sobretodo, a pouca preocupación que ten polos mindonienses que se encontran en situación de desemprego “ difícil xustificación ten ser o ultimo concello en xestionalo, cando todos os concellos que teñen a posibilidade, xa o fixeron incluso os da sua cor política, estando en identicas circunstancias, no que a resposta da Xunta de Galicia se refire”,

No que se refire as alusión a portavoz mindoniense, o Pp local quere recordarlle o señor alcalde, que ata a data, o único partido que perdeu as eleccións FOI O SEU, e a pesar diso, quixo, con gran interés asumir as responsabilidades de goberno, sendo asi o pp local, recordalle que a RESPONSABILIDADE DE GOBERNO E SUA e debe despois de 5 anos de alcalde os datos obxectivos que todos os mindonienses vemos e que temos un concello: CON MOITO MÁIS PARO, MENOS INDUSTRIA, MÁIS IMPOSTOS, MENOS SERVIZOS, MENOS POBOACIÓN, MENOS RIQUEZA E MOITO MÁIS INCOMODO PARA VIVIR E TRABALLAR, INCLUSO MOITO MENOS DEMOCRÁTICO… por iso esiximos que debe empezar a asumir os seus erros e irresponsabilidades. Se algo lle debe Mondoñedo o seu alcalde, e a mala imaxe, negativa que foi quen de trasladar cara o exterior.

Dentro das suas reponsabilidades como alcalde,m os Populares recordamos o que o Goberno prometeu, pero non o que acadou, a pesar de asumir a alcaldeia nun momento de bonanza económica e cando o seu partido xestionaba as mellores consellerias para os intereses de Mondoñedo. Os populares ainda lembramos as promesas do Señor Quintana en Vilamor, relativas a Concentración parcelaria, “ preguntelle os veciños se o pp local está a cumprir…”, ben e certo que algunha das declaracións, debemos interpretar que se producen MAIS POR DESCOÑECEMENTO QUE POR MALA FE, porque realmente Mondoñedo, tanto seu rural e o urbano, pouco o pisa para enterarse do que esta a pasar na localidade.

O pp local pídelle o Sr Alcalde que Traballe para iso, ainda que non o elixiron os mindonienses, si asumeu el a responsabilidade, despois do pacto de goberno, e trasladando os ganadores a oposición, e dende esta digna e responsable posición o pp está disposto, como así ven facendo a traballar polos mindonieneses e sobretodo, dende ese lugar cumplir o seu programa electoral.

Ofrecendo sempre a súa colaboración e traballo, para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas de Mondoñedo

Exit mobile version