Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Mondoñedo preguntará en pleno o porqué non se somete a aprobación provisional o PXOM

Todo parece indicar que o bipartito comete errores nos trámites para a elaboración do PXOM

O PP de Mondoñedo preguntará en pleno o porqué non se somete a aprobación provisional o PXOM cando se comprometera a facelo na pasara sesión e presentará propostas vía urxencia

 O PP denuncia a deixadez de xestión do equipo de goberno, que mantén xuntanzas preparatorias do PXOM coas Consellerías competentes uns días antes da data na que se pretendeu someter a aprobación provisional o plan, trámites que se deberían ter celebrado varios anos antes

 Salvo outra información, O PP pedirá vía urxencia que o bipartito solicite por escrito de xeito inmediato a declaración de inviabilidade de sometemento ao trámite de avaliación ambiental estratéxica do PXOM, amparando esta solicitude polo informe xurídico dos servizos municipais

Mondoñedo, 25 de xullo de 2012- O Partido Popular de Mondoñedo pedirá na sesión plena de mañá explicacións sobre a tramitación a que se está a someter o Plan Xeral de Ordenación Municipal da localidade. Os populares mindonienses preguntarán o porqué o grupo bipartito non someteu aínda a aprobación provisional o proxecto do PXOM e así mesmo presentará propostas por vía de urxencia que permitan axilizar esta situación, que amosa letargo e incluso chega a ser sospeitosa.

Os populares recordan que o grupo de goberno do Concello de Mondoñedo tiña previsto levar a pasada sesión plenaria a aprobación provisional do Plan Xeral de Ordenación Municipal, provocando incluso un retraso na celebración da sesión ordinaria.

O PP demanda máis información en relación a este proceso e todo parece indicar que a situación amosa que o equipo de goberno pretende que o PXOM non teña que cumprir co trámite de avaliación ambiental estratéxica. Os populares explican que este trámite tería que ser solicitado antes do 2010, para poder acollerse desta maneira a unha disposición transitoria da Lei 9/2006 do 28 de abril. O bipartito liderado por Orlando González non materializou este trámite, requisito indispensable.

A deixadez de xestión produtiva do goberno local volve de novo a ser patente na axilización do proceso de elaboración do PXOM. Tanto é así, que o PP local considera inexplicable que as primeiras reunións que os membros do bipartito manteñen coas consellerías correspondentes prodúcense só uns días antes de que o equipo de goberno pretendera someter a aprobación provisional en sesión plenaria o proxecto do PXOM. Os populares consideran que estas reunións deberán producirse como moi tarde a principios de 2010, momento no que sería posible o acollemento a disposición transitoria cun resultado positivo.

Esta situación amosa unha vez máis a ineficacia, a fala de xestión e os erros continuos cometidos polo equipo de goberno do Concello de Mondoñedo, que repercuten en proxectos de importante calado para os veciños e que conlevou unha considerable inversión pública.

A reacción a esta actitude do bipartito por parte do PP quere ser “constructiva e responsable”, e recordan que o programa electoral do populares recolle este compromiso de materialización do PXOM. Polo que buscan permitir e non dificultar que Mondoñedo dispoña dunha ferramenta indispensable, sobre todo no rural.

Co único propósito de axilizar este proceso, o Grupo Municipal do Partido Popular proporá vía urxencia ao equipo de goberno que se dirixa en primeiro lugar á Consellería de Medioambiente, Territorio e Infraestruturas e en concreto, ao departamento competente, para que soliciten por escrito a declaración vía urxente, senón o fixo xa, de inviabilidade de sometemento ao trámite de avaliación ambiental estratéxica, apoiado polo correspondente informe dos servizos xurídicos municipais.

Nun pleno cargado de tinte político e sen priorizar as necesidades de Mondoñedo, o PP tendo en conta as preocupacións reais, intentará evitar a perda de tempo na redacción do PXOM, co obxectivo de que se faga realidade un compromiso amosado cos mindonienses, atopándose detrás da súa ralentización un erro claro do bipartito. O PP busca estar ao lado dos veciños e manterá o seu compromiso de información.

Exit mobile version