Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Ribadeo pide respostas aos problemas do concello

O PP DE RIBADEO PÍDELLE AO ALCALDE QUE SE DEIXE DE VIVIR DA PUBLICIDADE E DA PROPAGANDA E SE APLIQUE EN TRABALLAR RESPONSABLEMENTE POR DARLLE RESPOSTA AOS PROBLEMAS DO CONCELLO.

Dende o PP lembrámoslle ao Alcalde que mentras que él está a gastar os cartos do Concello en actuacións que, por moita publicidade e autopropaganda das que as disfrace, resultan inútiles e dificiles de xustificar ao non derivarse delas nengún resultado positivo para o noso Concello, pola contra dende outras Administracións sí se está a traballar de xeito responsable, ainda que seña caladiñamente, polo interes e o beneficio de Ribadeo.

Neste senso lembrámoslle ademáis da achega de 140.800€ que recentemente se recibiú no Concello procedente dos presupostos da Xunta de Galicia para facer fronte á contratación de 12 efectivos do GRUMIR e de 9 socorristas para as praias do noso concello; outra actuacion de interese esencial para a vila que é a referente ao desenvolvemento dun Convenio entre a Conselleria de Medio Ambente en coloaboración coa Administración do Estado para a actuación en zoas consideradas como Reserva da Biosfera, e a través do cal estase a tramitar a realización dun plan de ordenación do uso público para a praia de As Catedrais.

Se o Alcalde antes de lanzarse a aventuras no extranxeiro e de facer gastos innecesarios, se en vez de andar a acadar o locemento persoal en cada unha das súas actuacióna, houbera amosado unha preocupación real e responsable polo estado dos usos e da conservacion da praia de As Catedrais e do seu entorno, e non tratara este tema como algo recurrente e anecdótico do que soio se lembra cando chega o verán, houbera podido coñecer da existencia destes traballos que dende outras administración sí se estan desenvolvendo para garantir que a conservación deste espacio natural sexa compatible co uso e o disfrute equilibrado polos usuarios.

Dende o PP lle pedimos ao Alcalde que dende a sua condición como responsble da vida municipal actúe responsablemente e en interés do noso concello, que se deixe de actuacións de pandereta, que se deixe de buscar únicamente sair nos medios, e que se aplique ao realmente importante que é traballar para garantir o desenvolvemento futuro da Vila e darlle aos veciños resposta as súas inquedanzas.

Partido Popular de Ribadeo

Exit mobile version