Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Ribadeo recorda que remata o prazo para axudas para fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres

O PP de Ribadeo recorda ás Asociacións de Mulleres do Concello que o vindeiro día 6 de agosto remata o prazo concedido pola Resolución de 3 de xullo de 2012 da Secretaría Seral de Igualdade da Xunta de Galicia (DOGA de 6 de xullo) para presentar as solicitudes de axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres

Estas axudas responden ao propósito da Xunta de Galicia de contri­buír a fomentar e consolidar ao tempo que a estimular e a dinamizar a vida interna das asociacións de mulle­res, na procura da potenciación dos valores e finalidades do movemento aso­ciativo femenino, e a tal efecto establécense dúas liñas de axudas dirixidas á realización de programas de actividades, por unha banda establécese unha liña para a realización de actuacións relativas á prevención, sensibilización e concienciación social que fagan fincapé en sensibilizar ao conxunto da sociedade e destaquen os valores de igualdade e respecto, como premisas básicas na prevención da violencia de xénero, e por outra banda, e en concordancia coas accións que está a promover o Goberno gale­go para que a poboación galega teña unha maior calidade de vida, tamén se establece unha liña de axudas destinadas á realización de accións que promovan hábitos de vida saudables e de actividade física entre as mulleres.

Dende o PP de Ribadeo somos conscentes da importancia que este tipo de axudas ten para o desenvolvemento de actuacións que contribúan a unha maior concenciación social dos valores de respeto e igualdade, razón pola que animamos a tódalas asociacións e persoas interesadas a que presenten as súas solicitudes ante a Xunta de Galicia, para o que poden recibir máis información no DOG do 6 de xullo de 2012.

Exit mobile version