Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP di que a vicepresidencia da Deputación preocúpase polo anuncios mediáticos e non polo traballo e xestión

Días despois da presentación do Plan de emprego feminino, mulleres lucenses trasladáronlle a Voceira Popular que asesores da área descoñecían a información relacionada ao seu respecto
CANDIA: “A Vicepresidencia da Deputación presenta un plan de emprego para mulleres mais preocupado polo titular que polo plan”
. Candia denuncia que nunha época de crise económica, o Departamento do Señor Veiga esté a xogar coa sensibilidade dos cidadáns
. A Vicepresidencia da Deputación preocúpase polo anuncios mediáticos e non polo traballo e xestión, que son a súa responsabilidade

Lugo, 8 de xullo de 2012.- A voceira do PP na Deputación de Lugo, mostra, outra vez máis, a súa preocupación pola falta de seriedade do Ente Provincial. Nesta ocasión Elena Candia refírese ao Plan de emprego femenino, un proxecto que o pasado martes, día 4 de xullo, anunciaba a bombo e platillo o Vicepresidente da Deputación.
Días despois, mulleres lucenses trasladáronse ao Organismo Provincial para documentarse sobre este plan, do que o Señor Veiga alardeaba, decindo que estaba dotado con 200.000 euros e que ofrecía traballo a 200 mulleres da provincia, pero esas mulleres trasladaron de contado as súas protestas a Voceira do PP na Deputación xa que asesores da área descoñecían por completo a información relacionada con ese plan.

Elena Candia critica duramente á Vicepresidencia da Deputación de Lugo, posto que nestos momentos malos para o país, nunha época de crise económica, o Departamento do Señor Veiga está a xogar coa sensibilidade dos cidadáns.
Os populares aseguran que parece increíble que non se trate con seriedade estos temas, que os políticos, que son que nestes momentos teñen que dar solucións, se adiquen a preocuparse polos anuncios mediáticos e non polo traballo e xestión que son a súa responsabilidade.

Exit mobile version