Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP fai campaña de afiliados en Ribadeo



A Campaña de afiliación Contigo Lugo será + popular chegou hoxe á localidade da Mariña

Os populares animaron aos ribadenses a sumarse ao proxecto que promove o seu partido

 Na praza de abastos da localidade o presidente da xunta xestora, Jesús López Penabad, xunto con outros membros do partido, convidou á cidadanía a sumarse ao reto de ofrecer solucións á crise

Lugo, 18 de xullo de 2012.- O Partido Popular de Lugo levou esta mañá ata a localidade de Ribadeo a Campaña de afiliación que baixo o lema Contigo Lugo será + Popular procura sumar novos afiliados ao proxecto que lidera José Manuel Barreiro na provincia. Durante a xornada celebrada esta mañá na Praza de Abastos de Ribadeo, membros o presidente da xunta xestora, Jesús López Penabad, xunto con outros membros do PP, convidaron á cidadanía a sumarse ao reto de ofrecer solucións á crise.

O partido local de Ribadeo veu incrementada esta mañá a súa afiliación durante unha xornada caracterizada polo interese dos veciños á hora de informarse das iniciativas levadas a cabo polo Partido Popular. Así o puxo de manifesto o propio presidente da xunta xestora, Jesús López Penabad, que resaltou o interese amosado polos veciños e agradeceu a boa dispoñibilidade das persoas afiliadas que contribuirán a fortalecer as bases do Partido Popular na localidade.

Durante o acto público, o presidente da xunta xestora, Jesús López Penabad, xunto con outros membros do PP, repartiu dípticos informativos e convidou aos ribadenses a que en época de crise se implicaran na procura de solucións para a localidade, procurando que os novos afiliados transmitan as súas inquietudes e axuden a materializar iniciativas que contribúan a mellorar a calidade de vida dos veciños de Ribadeo.

A campaña continúa a recorrer a provincia e incluirá novos encontros esta semana en Palas de Rei, Sarria, Chantada, Monforte, Viveiro, Vilalba e a Fonsagrada.

Exit mobile version