Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP pide aclaracións sobre unha indemnización que ten que abonar a Deputación

Candia: “pide a Besteiro que aclare a súa responsabilidade en relación a indemnización que ten que abonar a Deputación, condenada por setenza firme”

.Unha vez máis vemos a falta de xestión queda patente e proxección de imaxe é o que prima

. A sentenza considera que estamos ante unha parálise física por parte da Deputación de Lugo da orde ou acordo de iniciación da execución da obra contratada, de ahí que, hai que resarcir ao contratista

Lugo, 1 de julio de 2012.- Logo de saber que a Deputación de Lugo terá que pagar máis de 43.000 euros por incumprir un contrato para a realización dunha obra, a Voceira dos Populares da Deputación mostra a súa preocupación polo feito de que o Señor Besteiro continúe priorizando a foto á boa xestión; uns erros con consecuencias importantes:

“Non só porque se perxudica a lucenses e, normalmente, a Concellos gobernados por un partido político distinto o Bipartito, que son a maioría dos Concellos de Lugo, senón tamén, porque se está arriscando diñeiro público nun momento tan difícil e onde a eficiencia e a eficacia na xestión dos recursos é imprescindible”-afirma Candia, quen engade que as consecuencias e os erros do Señor Besteiro, dan lugar a indemnizacións que se pagan cos cartos dos cidadáns.

A sentenza considera que todo apunta a un desestimento ou paralización física por parte da Deputación Provincial da orde ou acordo de iniciación da execución da obra contratada, de ahí que, hai que resarcir ao contratista, pagar o plan de seguridade e aval, os anuncios no BOP e no DOG. A maiores, a sentenza condena á Deputación de Lugo ao pago dunha indemnización, por daños e perxuizos, que ascende a cantidade de preto de 16 mil euros, ao que hai que sumar, máis de 6.000 euros de intereses. Unhas cantidades económicas que acadan máis de 43 mil euros.

Afirma a Voceira dos populares na Deputación de Lugo, que co reconocemento do recurrente asúmese un gasto para os lucenses, que só derivado da mala xestión por parte do Señor Besteiro, supón un custe de máis de 3 millóns das antigas pesetas.

Exit mobile version