Ribadeo, 2 de xullo de 2012. O presidente do Real Club Náutico de Ribadeo, Mario Coto, asegura que a entidade conseguiu os máximos recoñecementos aos que podía aspirar a actual directiva: bandeira azul, Q de calidade turística e título de Real, outorgado pola Casa de El Rey. Coto agradecéulle ao presidente de Portos de Galicia que hoxe acudise ao izado das bandeiras, que tivo lugar no porto deportivo.
O presidente do RCNR sinalou que “para o Real Club Náutico de Ribadeo e para a directiva que eu represento esto quere decir que as cousas se están a facer ben. A bandeira azul obténse por ter un peirao limpo e unhas augas controladas, entre outras cousas. É un orgullo recibir un ano máis e izar esta bandeira ao igual que a da Q de calidade turística. Ademáis realizamos este acto sendo Real Club Náutico de Ribadeo, que é outro orgullo ter obtido hai xa uns meses este título que outorga a Casa de El Rey. En definitiva son os máximos recoñecementos aos que pode aspirar esta directiva, que xa demostrou que quería facer moitas cousas para que o Real Club Náutico de Ribadeo estea na elite”.
Coto considera que “a xente cada vez está máis concienciada do que supón contar coa bandeira azul e coa Q de calidade turística, e interpreten que cando chegan a un porto como o de Ribadeo aquí se vai estar ben, vai haber bós servizos e un bó traballo e respecto cara o medio ambiente”.
Mario Coto subliñou que “o presidente de Portos de Galicia se porta maravillosamente co Real Club Náutico de Ribadeo e quérolle dar as gracias públicamente. Neste día quixo estar aquí dándonos o seu apoio no acto de izado das bandeiras”. O presidente do RCNR lembrou que “aínda acaban de facernos unha obra que necesitábamos moito, que é a ampliación dun pantalán, e queremos agradecerlle todo o que está a facer polo Real Club Náutico de Ribadeo, que conte nós para o que queira e eu estou convencido de que nós podemos contar con él tamén. Para nós é moi importante que o presidente de Portos de Galicia se preocupe de vir aquí”.