
O programa “Parolando” da Radio Valadouro recibiu a visita de varios integrantes do recentemente constituído Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA), que participaron nun coloquio sobre a devandita asociación e sobre o eido da investigación e da cultura; asistiron Jordi Melián (catalán afincado no Val), Manuel Lourenzo (coñecido actor e escritor) e Pedro Rubal (filósofo). Tamén entrevistamos a varios participantes nos actos culturais que organizou estes días o restaurante Vila do Val de Ferreira, co motivo do seu 4º Aniversario. Finalmente, tamén nos visitou Xosé Otero “Cadramón”, Xefe do Departamento de Comercio do IES de Foz, que nos presentou as ofertas educativas do seu Departamento.