Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE di que 2012 está resultando negro para a economía española e para a dos bureleses vaino ser máis pola suba de impostos

Neste ano 2012 que está resultando negro para a economía española, para os
bureleses vaino ser máis que para o resto dos españois . Esto é asi, posto que,
en Burela está ao cobro o IBI (imposto de bens inmobies) que pagamos todos
os propietarios de vivendas e terreos. A sorpresa é que este imposto en Burela
ten unha suba de aproximadamente un 10%. Estamos comprobando que as
notificacións que se enviaron dende o Concello onde unha vivenda que no
pasado 2011 pagaba entorno a 300 €, vai cotizar agora uns 330 €.
Somos conscientes de que as administracións precisan recaudar, pero
parécenos que nestes intres en que todos temos que facer esforzos, para un
número importante de bureleses é inviable facer o esforzo de facer este
pagamento. Veremos ao final do plazo de recaudación como serán moitos os
que pidan no concello o aprazamento.
Este alcalde, que cando era oposición, sempre decía que se debían baixar os
impostos, vemos agora como cando goberna el, non só non os baixa senón que
os sube. Lembramos que o Concello pode regular a cantidade do imposto
modificacando a porcentaxe que se lle aplica ao Valor catastral. Esta é a doble
vara de medir que emprega o PP e sobre todo o Sr. Barcia, este persoeiro que os
bureleses non nos merecemos.
Por responsabilidade non lles imos recomendar aos bureleses a insubmisión
fiscal, pero si que acudan ao Concello a que lles expliquen cal é o motivo polo
cal, cando os cidadáns nos baixan os ingresos, o Concello sube os impostos un
10%, tendo en conta ademais dos 50.000 euros que imos aforrrar por non
dispoñer dun alumeado público en condicións

Exit mobile version