Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Cervo asegura que o alcalde perde o tempo en busca de liortas e ten zonas do concello totalmente abandonadas

VILLARES PERDE O TEMPO EN BUSCAR LIORTAS COA DEPUTACIÓN MENTRES TEN ZONAS DO CONCELLO TOTALMENTE ABANDONADAS

-Os socialistas subliñan o mal estado do Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos e o Campo do Negrillo, “onde a altura das herbas non deixa ver os bancos”

-Afirman que “en lugar de buscar vías de entendemento para traballar xuntos polo benestar dos veciños, insiste en solicitudes ás que o delegado da área correspondente xa deu resposta”

CERVO, 3 DE XULLO. Os membros do Grupo Municipal Socialista de Cervo lamentan a actitude do alcalde, Alfonso Villares, coas institucións que non gobernan os seus compañeiros do Partido Popular, “sempre está buscando motivos para comezar unha liorta, neste caso, coa administración provincial. Mentres, dá pena ver zonas do concello como o Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos ou o abandono total do Campo do Negrillo na Senra, onde a altura das herbas non deixa ver os bancos”.

Os socialistas subliñan que “en lugar de buscar vías de entendemento para traballar xuntos polo benestar dos veciños, o señor Villares adícase a buscar problemas e críticas. Malgasta o tempo en solicitar repetidamente á Deputación de Lugo uns traballos, cando o delegado da área correspondente xa lle deu resposta de cómo, cando e por qué se ían realizar esas actuacións”.

Dende o PSOE aseguran que “o único motivo desta actitude do alcalde é o rédito partidista. Non ten ningunha preocupación pola situación real do concello, tan só basta con lograr os intereses políticos”. Esiximos que “o importante sexan os veciños e o seu benestar, é unha pena ver o mal estado destas zonas en pleno verán, cando veciños e visitantes máis poden disfrutar delas”.

Exit mobile version