Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Foz considera o ano de goberno do PP como perdido

O PSdG-PSOE de Foz lamenta as opinións do Alcalde de Foz sobre a oposición e as formas de facelo, nun suplemento dedicado ás Festas do Carme e onde o tema das festas é o menos tratado por el e onde o maior enfasís que pon é en acusar de deslealdade ao resto de partidos da corporación municipal.

Os socialistas creemos que logo dun ano de goberno o Alcalde non é quen de ofrecerlle á cidadanía resultados sobre varios dos temas que máis preocupan ós veciños e veciñas. Consideramos este ano de goberno do PP en Foz como un ano perdido, nada sabemos dos proxectos máis emblemáticos para a nosa vila, como a Residencia de maiores, o dragado das dársenas portuarias, a reforma da zona portuaria… que lonxe nos queda xa a tódolos focenses aquel macroproxecto que se nos presentou en época electoral, e que logo dun ano, o alcalde xustifica co cambio de dirección e a peatonalización de unha rúa.

O que si estamos facendo é asistir a unha perda continua de servizos, nos últimos meses retiráronnos unha ambulancia asistencial, vemos como se comprometen novas infraestructuras en outros concellos para atender aos nenos e nenas mentres no noso concello temos a maior lista de espera nas escolas infantís, o abandono do medio rural e das parroquias é algo que contemplan cada día os veciños que nelas residen, con menos días de recollida de lixo, con menos limpeza nas vías, nas areas recreativas e mesmo nas praias.

Para nós non ten sentido culpar á oposición da súa mala xestión, a oposición do PSOE foi sempre leal, situándose do lado dos veciños en todo momento e sendo incluso capaz de condicionar a aprobación dos presupostos á inclusión dun plan de emprego que xa esta dando traballo a moitos veciños e que se verá ampliado nos próximos días.

Exit mobile version