Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Foz explica que a oposición impediu a suba das taxas da escola de música

O PSdG-PSOE de Foz explícalle aos veciños que gracias a intervención da oposición logrouse frear a suba do 50% na taxa da Escola municipal de música, pretendida polo Alcalde e o equipo de goberno do PP

Na sesión plenaria do día de onte debatéronse temas moi importantes para os nosos veciños, entre eles destacaba a proposta do equipo de goberno de incrementar a taxa da Escola de Música municipal nun 50%, fomos capaces de facerlle ver ao alcalde que non é o momento de cargar ás familias do noso concello con máis impostos, que as familias xa están a sufrir os envites do Goberno do PP con suba de IVE, reducción de salarios e pagas extras, etc. neste punto fomos capaces de lograr que se permita o fraccionamento do pago da matricula de forma trimestral e non nunha soa vez como se viña facendo ate o de agora e que a suba so sexa o incremento do IPC acumulado.

Outros temas de relevancia que foron debatidos e que a cidadanía debe saber, xiraban en torno a aspectos puramente económicos, xa que se nos presentou un recoñecemento extraxudicial de crédito de máis de 500.000 euros, onde o PSOE amosou o seu asombro en canto a que unha cantidade tan grande quedase fora de contabilidade, de todos os xeitos a pesares de non compartir as formas de facer as cousas e facendo un exercicio de responsabilidade entendemos que a xente que prestou os seus servizos ó concello, entre eles moitos empresarios locais teñen que cobrar polo seu traballo por iso non impedimos que se aprobase a pesar de amosar o noso descontento con esta maneira de gobernar.

Outros temas importantes para o noso concello e que saíron adiante foron solicitar da Xunta de Galicia o remate do saneamento na parroquia de San Acisclo así como a construcción da Residencia de anciáns.

No apartado de rogos solicitamos do equipo de goberno que se proceda a recoller o lixo das parroquias os días que marca a ordenanza e que son dous, que se acondicione o camiño da Cadra, e que non sexan só as parroquias as que se vexan afectadas na reducción de puntos de alumeado público.

No apartado de preguntas interesámonos polas obras para o dragado do porto que se van a ir máis alá do mes de novembro, pola cesión dun local municipal e en porque Foz non figura dentro dos concellos aos que lles foi concedida por parte da Xunta unha subvención para apoiar ás políticas de igualdade e prevención da violencia de xénero de igualdade que si foi concedida a outros concellos da Mariña e non ao noso.

Exit mobile version