Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Ribadeo anuncia queixas dos veciños sobre adecentamento e limpeza

Declaracións do portavoz municipal, Eduardo Gutiérrez, sobre a limpeza en lugares púnlicos.

Non pretendemos ser orixinais con esta nota, senón simplemente recoller un par de queixas dos veciños sobre o adecentamento e a limpeza en determinados pontos, neste caso concretamente dous, bastante visibles para os veciños e visitados polos foráneos.

Refreimonos, primeiramente, ao ascensr que comunica o Paseo Marítimo coa Atalaia, moi usado ao longo do ano pero con grande frecuencia nesta temporada de verán. Pois ben, a título de exemplo, esta fin de semana presentaba un aspecto realmente deplorable, cunha suciedade propia dunha letrina, o que provocou as queixas dos numerosos visitantes. Desgraciadamente non é algo excepcional. Trátase, ben o sabemos, de actitudes incívicas. Pero correspóndelle ao Concello manter o ascensor en boas condicións de limpeza, porque esa é a mellor e máis barata propaganda. De pouco serven os folletos, e as rutas turísticas, se o que se mostra son recantos de suciedade e abandono.

E outro tanto sucede coa Baixada a Cabanela, convertida nun xeito de selva intransitable. Sabemos do lamentable estado de ruina de varios inmobles dese antigo lugar, pero iso non debe impedir mantelo cun mínimo de limpeza e decoro. É moita a xente que, desde o Parque baixa pola rua de Ibáñez camiño da costa por ese lugar, para atoparse unha desagradable sorpresa.

Exit mobile version